Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

“O descanso dos Cigarróns” cartel oficial do Entroido 2019 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2018 19:25

O cartel presentado baixo o lema “O descanso dos Cigarróns” resultou gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2019, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 10 de decembro no Auditorio Municipal do Concello e Verín.

Ler máis...
 
Verín baixa o telón do seu Festival de Curtas, no que participaron arredor de 3.000 persoas durante toda a semana PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 08 Decembro 2018 15:36

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, finalizou esta noite no Auditorio da vila, no contexto dunha gala chea de emotividade, música e sorpresas. As condutoras do acto, a presentadora de televisión Nieves Rodríguez e a actriz Ledicia Sola, foron as encargadas de desvelar os nomes dos gañadores tras unha semana de votacións e deliberacións. A asistencia e participación no festival e nas súas actividades paralelas, ao longo de toda a semana, foi de “arredor 3.000 persoas”, tal e como revelou no decurso da gala o director do certame, Carlos Montero.

Ler máis...
 
A realidade palestino-israelí chega a Verín no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Decembro 2018 10:21

O conflito palestino-israelí trátase en Verín no marco do FIC Vía XIV 2018. Hoxe celebrouse no Auditorio unha actividade paralela á proxección de curtas, na que Gonzalo Veloso, programador do festival, e Miguel Ribeiro, un dos membros do xurado,  abordaron o funcionamento do Centro de Información Israelí para os Dereitos humanos nos territorios ocupados, B’Tselem.

Ler máis...
 
Os festivais ourensáns Animacam e FIC VíaXIV evidencian a súa plena sintonía en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Decembro 2018 10:24

O Festival Internacional de Curtos de Verín programou esta tarde unha selección de traballos que foron exhibidos en edicións pasadas do certame  online  Animacam, festival convidado nesta edición do  FIC Vía  XIV. No marco deste espírito de entendemento mutuo, o director de  Animacam, Xosé Lois Martínez Carneiro, desprazouse ata Verín para impartir unha  Masterclass na que explicou ao público presente as claves e particularidades que comporta a organización dun festival de cinema de natureza exclusivamente dixital.

Ler máis...
 
Xurado e directores do FIC Vía XIV descobren as singularidades de Verín e comarca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2018 10:28

Algúns dos directores das curtas participantes e varios membros do xurado do FIC Vía XIV realizaron esta mañá unha visita guiada por Verín e comarca. O percorrido comezou no Auditorio de Verín arredor das 11.00 h da mañá. Dende alí, o grupo desprazouse ata o Castelo de Monterrei, onde visitou os distintos emprazamentos do monumento, ademais da Igrexa de Santa María e o Hospital de Peregrinos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>

Páxina 245 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>