Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

“Superlópez” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 23:53

Durante os días 23, 24 e 25 de novembro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Superlópez no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
A Biblioteca homenaxea un ano máis a Xesús Taboada Chivite cun ciclo temático PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 13:59

Un ano máis,  a Biblioteca do Concello de Verín rende tributo á figura de D. Xesús Taboada Chivite, nas datas na que se conmemora o seu pasamento. 

Deste xeito, a Biblioteca Municipal terá aberta ao público, do 29 de novembro ao 31 de decembro, una  pequena mostra da correspondencia entre o Chivite e outros ilustres coetáneos, que darán fe da estreita relación do noso etnógrafo e escritor con outros insignes galeguistas, historiadores e escritores da época. Dentro do mesmo ciclo D. Paco López-Barxas presentará a súa nova obra Ben-Cho-Shey inédito, onde fará unha especial mención a D. Xesús Taboada Chivite. Ambos actos serán presentados, a través dun documento videográfico recuperado pola Biblioteca, por D. Antonio Fraguas (1905 – 1999), que é o homenaxeado nas Letras Galegas 2019.

Ler máis...
 
O Museo do Claustro Mercedario acollerá o domingo 2 de decembro a primeira exposición micolóxica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 12:24

A derradeira fin de semana de novembro Verín acollerá unha fin de semana adicada ó coñecemento, identificación e exposición dos fungos. Dende o venres ás seis da tarde, e ata as oito da tarde do domingo, o Museo do Claustro Mercedario acollerá as xornadas “Rocos, tortullos e cacabinas, I xornadas micolóxicas con acento de Verín”, que incluirá clases, saídas de campo e unha exposición que se poderá visitar o domingo no claustro. A inscrición -no Claustro- é gratuíta.

Ler máis...
 
Fontenova cede ao Concello de Verín o uso e aproveitamento do seu antigo balneario e dos terreos necesarios para a construción do novo “pulmón verde” do centro urbano de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Novembro 2018 14:34

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane,  e o propietario de Augas de Fontenova  S.A, José de Sousa  Sintra,  asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que  a empresa cede ao Concello de Verín, de forma gratuíta e por un prazo de vinte anos, o uso e aproveitamento da buvette de Fontenova así como dos terreos da súa propiedade que formarán parte do novo “pulmón verde” do centro urbano da vila

Ler máis...
 
O Museo do Claustro de Verín acolle mañá o segundo curso de cata da Uned PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Novembro 2018 21:05


O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolle dende mañán pola tarde o segundo curso de cata da UNED, dentro da serie “De Monterrei ó Mundo”. Neste caso estará adicado ós brancos de Monterrei dentro dos grandes caldos de Europa.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>

Páxina 249 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>