Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A realidade palestino-israelí chega a Verín no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Decembro 2018 10:21

O conflito palestino-israelí trátase en Verín no marco do FIC Vía XIV 2018. Hoxe celebrouse no Auditorio unha actividade paralela á proxección de curtas, na que Gonzalo Veloso, programador do festival, e Miguel Ribeiro, un dos membros do xurado,  abordaron o funcionamento do Centro de Información Israelí para os Dereitos humanos nos territorios ocupados, B’Tselem.

Ler máis...
 
Os festivais ourensáns Animacam e FIC VíaXIV evidencian a súa plena sintonía en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Decembro 2018 10:24

O Festival Internacional de Curtos de Verín programou esta tarde unha selección de traballos que foron exhibidos en edicións pasadas do certame  online  Animacam, festival convidado nesta edición do  FIC Vía  XIV. No marco deste espírito de entendemento mutuo, o director de  Animacam, Xosé Lois Martínez Carneiro, desprazouse ata Verín para impartir unha  Masterclass na que explicou ao público presente as claves e particularidades que comporta a organización dun festival de cinema de natureza exclusivamente dixital.

Ler máis...
 
Xurado e directores do FIC Vía XIV descobren as singularidades de Verín e comarca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2018 10:28

Algúns dos directores das curtas participantes e varios membros do xurado do FIC Vía XIV realizaron esta mañá unha visita guiada por Verín e comarca. O percorrido comezou no Auditorio de Verín arredor das 11.00 h da mañá. Dende alí, o grupo desprazouse ata o Castelo de Monterrei, onde visitou os distintos emprazamentos do monumento, ademais da Igrexa de Santa María e o Hospital de Peregrinos.

Ler máis...
 
O documental Mar de Terra, un traballo centrado no Entroido ourensán, foi exhibido esta noite en Verín no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Decembro 2018 10:31

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, programou esta noite no Auditorio da vila a proxección do documental Mar de Terra, un traballo centrado no Entroido ourensán, un proxecto colectivo realizado por cinco persoas, entre elas o músico vasco Kepa Junkera.

Ler máis...
 
A complexa relación entre o Dereito e a imaxe, analizada no Festival de Curtas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2018 10:34

A Casa da Cultura de Verín acolleu esta tarde a actividade Dereito e cinema, unha iniciativa que tivo como obxectivo analizar o movemento Law and Cinema, que xurdiu con forza nos anos 90 do século pasado nas universidades norteamericanas e, dende alí, foi importado con éxito a un bo número de facultades de Dereito europeas, que foron incorporando o recurso do cinema nas clases, seminarios, congresos, relatorios, cursos, etc.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>

Páxina 252 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>