O Museo do Claustro Mercedario acollerá o domingo 2 de decembro a primeira exposición micolóxica de Verín |
|
|
|
Martes, 20 Novembro 2018 12:24 |
A derradeira fin de semana de novembro Verín acollerá unha fin de semana adicada ó coñecemento, identificación e exposición dos fungos. Dende o venres ás seis da tarde, e ata as oito da tarde do domingo, o Museo do Claustro Mercedario acollerá as xornadas “Rocos, tortullos e cacabinas, I xornadas micolóxicas con acento de Verín”, que incluirá clases, saídas de campo e unha exposición que se poderá visitar o domingo no claustro. A inscrición -no Claustro- é gratuíta. |
Ler máis...
|
Fontenova cede ao Concello de Verín o uso e aproveitamento do seu antigo balneario e dos terreos necesarios para a construción do novo “pulmón verde” do centro urbano de Verín |
|
|
|
Luns, 19 Novembro 2018 14:34 |
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o propietario de Augas de Fontenova S.A, José de Sousa Sintra, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a empresa cede ao Concello de Verín, de forma gratuíta e por un prazo de vinte anos, o uso e aproveitamento da buvette de Fontenova así como dos terreos da súa propiedade que formarán parte do novo “pulmón verde” do centro urbano da vila |
Ler máis...
|
O Museo do Claustro de Verín acolle mañá o segundo curso de cata da Uned |
|
|
|
Xoves, 15 Novembro 2018 21:05 |
O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolle dende mañán pola tarde o segundo curso de cata da UNED, dentro da serie “De Monterrei ó Mundo”. Neste caso estará adicado ós brancos de Monterrei dentro dos grandes caldos de Europa. |
Ler máis...
|
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín apoia o Festival de Curtas patrocinando unha actividade dirixida aos máis pequenos baixo o título “Cinema de historias” |
|
|
|
Mércores, 14 Novembro 2018 14:42 |
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, presidida polo alcalde de Monterrei, Xosé Luis Suárez, apoiará o FIC Vía XIV cunha achega de 2.400 euros que servirá para financiar unha das actividades paralelas da programación dirixida aos cativos e cativas da zona. A actividade, denominada Cinema de historias, pretende espertar nos máis pequenos o amor polo cine e descubrirlles o poder que teñen as imaxes para transmitir historias. |
Ler máis...
|
Aberto o prazo de inscrición para os Expositores da Feira de Nadal 2018 |
|
|
|
Mércores, 14 Novembro 2018 11:43 |
Os vindeiros 8 e 9 de decembro, Verín acollerá na Praza do Concello a cuarta edición da Feira de Nadal, centrada na temática navideña. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa). |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>
|
Páxina 256 de 987 |