Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Festival de Curtas dinamizará a axenda cultural de Verín con máis de media ducia de actividades paralelas para todos os públicos PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 Novembro 2018 17:10

A organización do Fic Vía XIV de Verín confirma as tres primeiras actividades paralelas no marco dunha programación que pretende, en verbas da concelleira de Cultura do municipio, Emilia Somoza, “dinamizar a axenda cultural verinesa para divulgar o cinema entre todos os públicos”. Do mesmo xeito, o director do certame, Carlos Montero, pon en valor a variedade temática das actividades programadas, no marco da cales se desprazarán a Verín prestixiosas figuras de primeiro nivel do panorama cinematográfico e audiovisual tanto de Galicia e España coma do estranxeiro.

Ler máis...
 
A IV Feira de Outono de Verín suma as degustacións gastronómicas ao seu programa de actividades PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 Novembro 2018 11:57

A IV edición da Feira de  Outono de Verín, que se celebrará os días 17 e 18 de  novembro  na  vila  do Támega, desenvolverá unha intensa  actividade  na  Praza  Maior de Verín, centrada  na alimentación e na gastronomía  baseada nos produtos típicos de  outono. Como novidade, nesta edición organizaranse  varias  sesións de showcooking impartidas por cociñeiros de catro restaurantes locais pertencentes a Asociación de Hosteleros de la Comarca de Monterrei (AHECOM) e por reputados bogueiros gastronómicos.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o proceso de adxudicación do primeiro centro de día da vila, que contará con 36 prazas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Novembro 2018 14:36

O Concello abre o prazo de licitación para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas e participar no concurso  para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de atención á terceira idade “Centro de día municipal de Verín”. A data límite para a presentación das propostas será o 4 de decembro. Esta nova xestión concrétase en prestacións de asistencia sanitaria, atención xeriátrica- rehabilitadora e social, atención á saúde  psicofísica así como socialización e participación.

Ler máis...
 
O Concello de Verín súmase á iniciativa sindical a prol do emprego en Verín e denuncia a “constante desatención” da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Novembro 2018 18:04


O Goberno municipal de Verín denuncia que a  coincidencia temporal do proceso de liquidación de dúas das empresas máis representativas da comarca de Monterrei non é máis “que a gota que borda o vaso do proceso de desinversión e desatención que ven sufrindo o noso territorio nos últimos anos, e que se materializa tanto na ausencia de inversións en chan industrial -pese á reiterada demanda de varios concellos da área neste sentido- como na total discriminación da nosa zona na distribución das axudas en materia de políticas activas de
Ler máis...
 
O alcalde de Verín expuxo no Ministerio de Fomento os proxectos de aforro enerxético e mobilidade da vila PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Novembro 2018 14:21

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse hoxe en Madrid co subdirector xeral de Xestión e Transporte Terrestre do Ministerio de Fomento, Benito Bermejo, para presentarlle os  proxectos de mellora da mobilidade e aforro enerxético e transporte de Verín. O representante de Fomento comprometeuse a realizar un seguimento dos mesmos, corroborando a oportunidade que supoñen para o futuro dun Verín máis sostible.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>

Páxina 258 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>