Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

“Tadeo Jones 2” e “Churchill” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Setembro 2017 10:30

Os días 29 e 30 de setembro; e 1  de outubro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas” e “Churchill” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Concello de Verín participa, con dúas accións formativas, no Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Setembro 2017 16:55

O Concello de Verín participa no desenvolvemento do Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia (CTG), dirixido a mellorar as capacidades e cualificación profesional dos perfís directivos do sector. Este Plan conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e consta de 300 horas de formación que se desenvolverán ao longo de toda a xeografía galega.

Ler máis...
 
Exposición: “40 anos do Museo do Pobo Galego” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Setembro 2017 11:13

Desde hoxe, a Biblioteca Pública do Concello de Verín acolle unha exposición que conmemora os corenta anos dende a apertura oficial do Museo do Pobo Galego, que inaugurou as súas primeiras salas o 29 de outubro de 1977. Esta exposición estará aberta ao público no mesmo horario que a Biblioteca Municipal, dende o 25 de setembro ata o 20 de outubro.

Ler máis...
 
O concello de verín organiza a primeira edición do encontro de convivencia familiar “Romaría viva” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Setembro 2017 10:27

O vindeiro sábado 30 de setembro, o Concello de Verín organiza, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, a primeira edición da “Romaría Viva”, un encontro de convivencia familiar gratuíto que terá lugar, a partir das 11:00 da mañá, na finca pertencente ao movemento Junior situada na Pousa. Este evento forma parte do conxunto de actividades que se van a programar incluídas dentro do novo plan de xuventude proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

Ler máis...
 
O Concello de Verín presenta a II Edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV que terá lugar na vila en decembro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Setembro 2017 11:28

O Concello de Verín vén de presentar a II Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV que se celebrará na vila do 1 ó 10 de decembro. O Alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, a Concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e o Director do FIC Vía XIV, Carlos Montero Zorrilla, presentaron unha nova edición do Festival de Curtas que se celebrou en Verín o ano pasado, amosando a clara aposta pola dinamización cultural na que está traballando o actual goberno municipal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 321 322 323 324 325 326 327 328 329 330 Seguinte > Final >>

Páxina 327 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>