O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival |
|
|
|
Venres, 19 Xullo 2024 14:47 |
O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV trae un ano máis unha chea de concertos de estilos variados a Verín, seguindo a filosofía de mesturar o cinema con outras disciplinas artísticas, así como tamén sacar o FIC á rúa. Este ano, pasaran pola vila a londinense afincada en Coruña, Sophie Simonds, a banda de folk emerxente Kedirán, e Mr. Cool, unha cara xa coñecida no festival e que poñerá o broche final. Todos os concertos serán no exterior do auditorio, agás adversidades meteorolóxicas, que se trasladará para o hall do mesmo. |
Ler máis...
|
Ábrese a convocatoria para participar como Cigarrón no desfile anual en Santiago de Compostela |
|
|
|
Xoves, 18 Xullo 2024 14:22 |
Aberto o período de inscrición para todos aqueles veciños maiores de idade que desexen participar no emblemático Desfile de Entroidos tradicionais de Galicia, que se realizará o próximo sábado 7 de setembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 31 de xullo. |
Ler máis...
|
Cinema e Memoria: O discurso de Humberto Delgado en Foco no FIC VIA XIV |
|
|
|
Mércores, 17 Xullo 2024 11:01 |
Con motivo do 50 aniversario da Revolución dos Cravos (25 de abril), o FIC VIA XIV pon o foco este ano nun dos fitos que contribuíron ao cambio de pensamento da sociedade portuguesa. Foi o célebre discurso de Humberto Delgado proferido no Cine-Teatro de Chaves, no que o denominado "Xeneral sen Medo" pronunciaría as palabras «Estou pronto para morrer pola liberdade» que se converterían en profecía pouco tempo despois, precisamente, a este lado da fronteira. Esta disertación, que se presenta como unha peza fundamental para comprender dita revolución, será o eixo da nosa exploración sobre como os excesos do réxime foron progresivamente quebrando a ditadura desde dentro, e como estas accións influíron na culminación revolucionaria. |
Ler máis...
|
A Eurocidade de Chaves-Verín, AECT, acolle o primeiro programa de Mentoring Transfronteirizo para a Xuventude do territorio |
|
|
|
Xoves, 11 Xullo 2024 12:18 |
As Xornadas Xuventude Mentoring Transfronteirizo, os días 17 e 18 de xullo, son organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e desenvólvense no marco do proxecto Eurocidade 2030, coordinado por Eurocidade Chaves-Verín, AECT, coa colaboración dos demais socios: IPDJ - Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, FNAJ - Federación Nacional de Asociacións Xuvenís, e Fundación Galicia Europa. |
Ler máis...
|
Pleno extraordinario – 10 de xuño |
|
|
|
Mércores, 10 Xullo 2024 15:42 |
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de ronda interior (Tramo 6º) e Parque do Támega-Preguiza que, tras recibir todos os informes favorables necesarios por parte das diferentes administracións, foi ratificado por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 abstencións do Partido Popular. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 12 de 987 |