Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín recibe unha subvención de 663.994,76 euros para mellorar a EDAR e a rede de saneamento da comarca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Novembro 2024 15:00

O Concello de Verín vén de recibir unha subvención de 663.994,76 euros, concedida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, como parte do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local. Esta axuda permitirá financiar o 50% do proxecto de mellora da liña de auga e da eficiencia enerxética da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Verín, cun investimento total de 1.327.989,52 euros.

Ler máis...
 
Verín prepárase para a Feira de Nadal 2024 con máis dunha trintena de expositores, actividades variadas e música para todos os públicos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Novembro 2024 16:38

O Concello de Verín celebrará a súa tradicional Feira de Nadal os días 6, 7 e 8 de decembro na Praza García Barbón, cunha ampla programación que incluirá  33 expositores de artesanía e alimentación, actividades infantís e animación musical para crear o ambiente perfecto destas festas. O evento foi presentado polos concelleiros Manuel Lorenzo Feijóo, responsable de Transportes, Feiras e Hostalería, e Samanta Barreira, encargada de Turismo, Cultura e Festexos e Conservatorio.

Ler máis...
 
A Asociación de Empresarios de Verín -AEVER- sortea entradas para Leo Bassi en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Novembro 2024 12:16

A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) colabora xunto con KTORCE e o Concello de Verín cun sorteo de 5 entradas dobres para o monólogo «Yo, Mussolini» de Leo Bassi, que terá lugar o vindeiro 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

Ler máis...
 
Verín contará cunha nova gardería pública grazas a unha subvención de máis de 700.000 euros PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Novembro 2024 17:49

O Concello de Verín vén de anunciar a creación dunha nova gardería pública para nenos de 0 a 3 anos, que ademais será xestionada directamente polo propio municipio. Este proxecto será posible grazas a unha subvención de 710.821,10 euros concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia – a través dos fondos europeos Next Generation, para a creación de devandito centro. A iniciativa permitirá atender unha demanda histórica das familias do municipio, ampliando e mellorando os servizos públicos esenciais.

Ler máis...
 
Arte, reflexión e música: así será a V Gala da Igualdade no Auditorio Municipal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Novembro 2024 12:51

O vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a V Gala da Igualdade, un evento que combina cultura, música e compromiso cos valores da xustiza, igualdade, non violencia e inclusión. Este ano, a gala rende homenaxe a Santa Icía, patrona da música e das persoas dedicadas a esta arte, nunha celebración aberta a toda a cidadanía con entrada gratuíta.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 20 de 1006
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>