|
Verín acolle a VI Gala da Igualdade do CMUS no Auditorio Municipal de Verín |
|
|
|
|
Venres, 28 Novembro 2025 20:51 |
|
O vindeiro martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá unha nova edición da Gala da Igualdade, un evento que une cultura, compromiso e talento local para poñer en valor os principios de xustiza, igualdade, inclusión e non discriminación. A gala, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín (CMUS), a súa ANPA e o Concello de Verín, estará dedicada a Santa Icía, patroa da música e das persoas músicas. |
|
Ler máis...
|
|
Verín presenta unha nova edición da súa Feira de Nadal, que reunirá 29 expositores e unha variada oferta cultural na Praza Maior |
|
|
|
|
Venres, 28 Novembro 2025 16:29 |
|
O Concello de Verín deu a coñecer hoxe a programación e os detalles da nova edición da Feira de Nadal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de decembro na Praza Maior. Así o confirmaron os concelleiros Manuel Lorenzo, responsable da área de Transportes, Feiras e Xuventude, e Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, quen coincidiron en destacar «o papel dinamizador desta feira, que combina artesanía, gastronomía, participación cidadá e espírito festivo no corazón da vila.» |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín completa os trámites de resolución do contrato dos radares, que tería custado 6 millóns de euros a todos os verineses |
|
|
|
|
Venres, 21 Novembro 2025 10:04 |
|
Logo dun complexo e dilatado procedemento administrativo, non exento de polémicas, o Concello de Verín vén de completar os trámites para rescindir definitivamente e dar por cumplida a sentenza de liquidación do contrato que o anterior equipo de goberno municipal adxudicara a Bilbomática Veicar Verin UTE, para recadar seis millóns de euros en multas impostas a través de radares de velocidade nas rúas da cidade do Támega. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón |
|
|
|
|
Venres, 07 Novembro 2025 12:11 |
|
O Pleno do Concello de Verín rematou hoxe coa complexa tramitación administrativa que permitirá abordar humanización da contorna da Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, creando unha gran zona verde ao seu arredor que conectará a Alameda e a Rúa Maior con 4.500 m² de zona verde. En palabras do goberno municipal, “esta actuación ten un sentido histórico, xa que se trata da máis ambiciosa no casco vello desde que, hai máis dun século, o filántropo García Barbón financiou a ampliación da Praza que hoxe leva o seu nome, así como a reforma da propia Igrexa”. |
|
Ler máis...
|
|
Aever presenta a súa nova xunta directiva e as campañas comerciais de decembro |
|
|
|
|
Xoves, 20 Novembro 2025 13:41 |
|
Esta mañá tivo lugar, na sede da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever CCU), a presentación oficial da nova Xunta Directiva e da nova xerencia da entidade, nun acto no que participou o Concello de Verín, reafirmando así o seu compromiso coa dinamización comercial e co tecido empresarial local. |
|
Ler máis...
|
|
|