O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia está presente, ata o domingo 24 de novembro, na Feira Internacional de Turismo INTUR, que se celebra en Valladolid co obxecto de amosar as diferentes ofertas de turismo de interior.
O PCT Puertas de Galicia, cun espazo propio, está a amosar aos/ás visitantes desta feira turística toda a información necesaria para que podan visitar o destino Verín-Viana, a través do reparto da Guía do Territorio Puertas de Galicia, un mapa das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras (co patrimonio cultural e artístico ademais de referencias de restauración das dúas zonas), ou dípticos do recén inaugurado Centro BTT Puertas de Galicia. O mesmo está situado na fronteira entre Galicia, Portugal e Castela-León, e conta cun total de 244 quilómetros, divididos en doce rutas sinalizadas, nove circulares e tres de conexión entre elas: Carballeiras, Os Castros, Encoro do Vao, As Telleiras (estas destinadas a afeccionados, familias os grupos de amigos), Valmedo, Riós-Barxa, Pena Maseira, Tres Reinos, A Gudiña-Entrecinsa, Val do Río Conso, Vilariño de Conso-Viana do Bolo e A Escrita (para os máis expertos). |