‘O Bosque dos Contos’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 18 Novembro 2013 12:06 |
O vindeiro venres 22 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'O Bosque dos Contos' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral |
|
|
|
Luns, 18 Novembro 2013 12:04 |
Desde o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar infórmase da publicación da resolución do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
|
Ler máis...
|
Imaxes da presentación oficial das disciplinas competitivas EDC Concello de Verín (Tempada 2013-2014) |
|
|
|
Luns, 18 Novembro 2013 11:21 |
O complexo deportivo de A Granxa acolleu a presentación oficial das EDC de Verín, para a tempada 2013-2014. Na mesma participaron os/as nenos/as pertencentes ás disciplinas competitivas EDC Concello de Verín (fútbol 11, fútbol 8, fútbol-sala, atletismo e natación). Durante a presentación tamén recibiron un exemplar do álbum de cromos editado polo Concello de Verín e AEVER-CCU Verín, e presentouse a mascota oficial das EDC de Verín: Supergotiña. |
Ler máis...
|
Imaxes do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' |
|
|
|
Luns, 18 Novembro 2013 10:46 |
A Casa da Cultura de Verín acolle durante estas semanas as representacións do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes. Todas as imaxes en https://www.facebook.com/media/set/?set=a.636651373053016.1073741939.217939911590833&type=1
|
O conselleiro de Medio Ambiente visita Verín para anunciar que a ampliación do parque industrial de Pazos estará finalizada no primeiro semestre do 2014 |
|
|
|
Venres, 15 Novembro 2013 13:14 |
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe a primeira fase das obras de ampliación do parque empresarial de Pazos na localidade ourensá de Verín, acompañado polos alcaldes de Verín e Monterrei, Juan Manuel Jiménez e José Luís Suárez, respectivamente; e o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 674 de 998 |