II Xornadas de fotografía: Iniciación e retoque |
|
|
|
Venres, 08 Novembro 2013 15:00 |
Desde Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín promóvese a realización das segundas xornadas de fotografía, na especialidade de iniciación e retoque, durante o fin de semana do 16 e 17 de novembro.
|
Ler máis...
|
Menores verinenses participan na Carreira Pedestre Popular de San Martiño |
|
|
|
Venres, 08 Novembro 2013 15:01 |
O servizo de Deportes do Concello de Verín, xunto co Consello de Deportes de Ourense, promove a participación de menores verinenses na Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que terá lugar o vindeiro 17 de novembro.
|
Ler máis...
|
Xornadas 'Inicia e crea' na Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Xoves, 07 Novembro 2013 11:51 |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará os días 20 e 21 de novembro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a tódalas áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles mozos/as que desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional e lles falten as ferramentas necesaria para elo.
|
Ler máis...
|
Ampliación do prazo de inscrición para o Encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde' na Eurocidade |
|
|
|
Xoves, 07 Novembro 2013 11:50 |
Ata mañá venres 08 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para matricularse no encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde (do pano da mesa ao plan de negocio)', organizado os días 14 e 15 de novembro pola Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ e a CEG e o apoio do Gabinete Técnico da Eurocidade.
|
Ler máis...
|
'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' |
|
|
|
Mércores, 06 Novembro 2013 12:11 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá nas vindeiras semanas as representacións do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes.
O festival, promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza, conta coa organización da Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín. O mesmo ten por obxecto de fomentar a colaboración conxunta entre os municipios na organización de actividades común, destinadas a promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar aos/ás cidadáns/nas dos dous lados da fronteira, fomentando un sentimento de eurocidadanía, de pertenza a un único territorio máis tamén de cooperación territorial transfronteiriza mediante o aproveitamento conxunto de equipamentos e xestión equilibrada de recursos, evitando a duplicidade de equipamentos e custos. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 676 de 998 |