Suspensión das clases das EDM para este xoves 31 de outubro |
|
|
|
Martes, 29 Outubro 2013 14:40 |
Este xoves, 31 de outubro, ao ser un día non lectivo nos centros escolares, as iniciativas das Escolas Deportivas Municipais dependentes do Pavillón Municipal de Deportes (pequexogos, psicomotricidade, tenis, acrosport e fútbol-sala), suspenderán as súas clases de acordo o tradicional funcionamento das mesmas.
|
O relatorio 'A mocidade na Eurocidade Chaves-Verín: visión local' nas Xornadas Transfronteirizas da Mocidade en Monção |
|
|
|
Martes, 29 Outubro 2013 14:32 |
Durante este fin de semana, a cidade lusa de Monção acolleu o relatorio 'A mocidade na Eurocidade Chaves-Verín: visión local', dentro das Xornadas Transfronteirizas da Mocidade en Monção organizadas por Ardina- Associação de Jovens de Cambeses, coa colaboración do Municipio de Monção e do Instituto Português do Desporto e Juventude.
|
Ler máis...
|
Renovación do ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín |
|
|
|
Martes, 29 Outubro 2013 10:05 |
O Concello de Verín realizou unha remodelación integral do ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes, co obxecto da adaptalo ás necesidades educativas das actividades que se desenvolven nela, como son as iniciativas infantís xenéricas de pequexogos e psicomotricidade, e as de especialización deportiva de danza oriental e urban das Escolas Deportivas Municipais, ademais do programa Kero-Kolo.
|
Festival de ‘Bandas de Garagem’ na Eurocidade |
|
|
|
Luns, 28 Outubro 2013 13:30 |
A Eurocidade apoia, por segundo ano consecutivo, o Festival de Bandas de Garagem “Chaves Underground na Eurocidade Chaves-Verín”, que se realizará os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Centro Cultural de Chaves. No evento acutarán bandas locais do territorio da Eurocidade, como Green Plant, Origins, Clave, WallSmille que contarán tamén coa a participación de DJ's. O festival terá inicio ás 22.30 horas (hora local) no Garagem Centro Cultural de Chaves, un local con aproximadamente 1.000 metros cadrados, que foi organizado de modo que 800 m2 libres puidesen ser utilizados para a realización de eventos deste xénero; e ademais as paredes do espazo cultural foron decoradas con graffitis realizados por mozos/as flavienses e verinenses na 1ª edición deste festival, co obxecto de conceder ao espazo unha decoración urbana e moderna, e aos/ás rapaces/as a oportunidade de mostrar a súa “arte” ao publico. |
Ler máis...
|
A exposición itinerante de Roberto Vidal Bolaño chega á Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 28 Outubro 2013 12:55 |
Desde mañá martes, e ata o 11 de novembro, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a exposición itinerante sobre a figura e obra de Roberto Vidal Bolaño, organizada pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 679 de 998 |