O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Mozambique, El Salvador e Cuba |
|
|
|
Xoves, 14 Novembro 2013 15:01 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará con 76.810 euros tres proxectos de ONGD galegas en Mozambique, El Salvador e Cuba. A Asemblea xeral de socios celebrada esta mañá en Santiago de Compostela aprobou as propostas presentadas por Ecos do Sur, Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz para desenvolver áreas como a educación ou a prevención de riscos en países empobrecidos. As dúas deputacións e os 90 concellos socios do Fondo Galego estaban chamados a participar na xuntanza, celebrada na sede da Fegamp, onde tamén se presentou o novo Plan de Comunicación Online da entidade.
|
Ler máis...
|
Accións formativas de reforzo educativo e de preparación para a obtención do graduado en ESO |
|
|
|
Mércores, 13 Novembro 2013 13:06 |
O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, enmarcado nas actividades da Escola de Familia, pon en marcha dúas novas accións formativas: 'Acompañamento e reforzo educativo. Estudar pode ser divertido' e 'Reenganchate aos estudos, nunca é tarde para aprender', que se impartirán no edificio municipal de O Lavadoiro.
|
Ler máis...
|
Presentación de “Los demonios de un ángel” na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Mércores, 13 Novembro 2013 13:05 |
A Biblioteca de Verín acollerá o xoves 21 de novembro, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro “Los demonios de un ángel”, do verinense Domingo Herbella Rivero. |
Ler máis...
|
A concelleira de Igualdade e Cultura de Verín participa na Asemblea do Fondo Galego en Compostela |
|
|
|
Martes, 12 Novembro 2013 11:55 |
A concelleira de Igualdade e Cultura de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, participará este xoves en Santiago de Compostela na Asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Verín. Na xuntanza, que dará comezo ás 12.30 horas na sede da Fegamp, decidiranse os proxectos que se cofinanciarán durante os próximos meses en países do Sur e presentarase o novo Plan de Comunicación Online do Fondo Galego.
|
Ler máis...
|
Mellora da rede de saneamento, soterramento de alumeado público, colectores e urbanización da praza da Mercé de Verín |
|
|
|
Venres, 08 Novembro 2013 18:01 |
O Concello de Verín, dentro do seu plan de protección do casco histórico da vila, está a realizar actuacións de rehabilitación de medios arquitectónicos e técnicos, e mellora de espazos e equipamentos urbanos na praza da Mercé.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 675 de 998 |