‘Samain’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín |
|
|
|
Sábado, 26 Outubro 2013 16:17 |
Con motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, o vindeiro xoves 31 de outubro, de 18 a 19.30 horas, unha sesión de contacontos e manualidades.
|
Ler máis...
|
Chaves e Verín contarán cunha Escola Superior de Saúde da Eurocidade |
|
|
|
Sábado, 26 Outubro 2013 16:15 |
Os rexedores de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, recibiron hoxe a responsables (vicerrector e responsables de área médica e de enfermería) da Universidade de Barcelona para visitar o territorio da Eurocidade co obxecto de presentar un proxecto educativo destinado a ampliar a oferta formativa da Escola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado de Chaves, que pasará a denominarse Escola Superior de Saúde da Eurocidade.
|
Ler máis...
|
O fotoxornalista Rober Amado prepara en Cabo Verde unha exposición para o Fondo Galego |
|
|
|
Venres, 25 Outubro 2013 12:34 |
O fotógrafo Rober Amado áchase ata finais de mes en Cabo Verde retratando a vida no arquipélago africano e os proxectos alí apoiados durante os últimos once anos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para preparar unha exposición que logo xirará por municipios de toda Galicia. A viaxe forma parte do premio da primeira edición de ‘Imaxes con Fondo’ 2012, certame que o fotoxornalista ferrolán residente no Carballiño gañou o pasado ano.
|
Ler máis...
|
Xoel González Sousa, gañador do segundo concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca' |
|
|
|
Venres, 25 Outubro 2013 10:50 |
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu a segunda edición do concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca', co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre os público infantil e xuvenil, que foi vencido por Xoel González Sousa (13 anos).
|
Ler máis...
|
A sección de atletismo de Verín inicia a súa participación en competicións oficiais |
|
|
|
Venres, 25 Outubro 2013 10:47 |
A sección do club atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Verín, creado nesta tempada, segue a desenvolver as sesións preparatorias para participar na súa primeira competición atlética oficial.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>
|
Páxina 680 de 998 |