Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Da palabra á arte: Verín acolle a “Semana das Letras Galegas” cunha ampla variedade de iniciativas culturais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2024 13:26

O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial da “Semana das Letras Galegas”, que se celebrará do 10 ao 19 de maio. A concelleira de Cultura, Turismo, Festexos e Conservatorio, Samanta Barreira, anunciou unha serie de eventos e actividades pensados para todas as idades e especialmente deseñados para promover e celebrar a lingua e literatura galegas.

Ler máis...
 
"Saúde mental en perspectiva: A Exposición “Os ollos da mente” acompañará ao espectáculo “Neura" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Abril 2024 10:37

Mañá martes 30 de Abril, e como complemento ao espectáculo de “Neura”, terá lugar no Auditorio Municipal a exposición "Os ollos da mente". A mostra consta dunha serie de máis de oito pezas escultóricas da artista ourensá afincada en Suíza, MJ Domínguez, que teñen como fío condutor a saúde mental.

Ler máis...
 
Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 27 Abril 2024 09:53

O mércores 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maio, cun total de 10 esculturas efémeras. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamén unha nova edición da Feira Solidaria que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios.

Ler máis...
 
Abertas as bases de inscrición para os Maios 2024 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Abril 2024 14:34

Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza o día 1 de maio unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos. Este ano, o recadado coas coplas solidarias destinarase as necesidades da infancia na franxa de Gaza.

Ler máis...
 
Verín acolle a Copa de España DHI Pozo do Demo 2024 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2024 18:34

. O Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organiza, co patrocinio do Concello de Verín, a segunda edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá. Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá, poñendo a proba as súas habilidades e servindo de escaparate para o que por moitos xa é considerado un dos mellores circuitos de España. Devandito evento conta tamén co apoio da Real Federación Española de Ciclismo, Federación Galega de Ciclismo e Xunta de Galicia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 969
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>