Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O FIC Vía XIV enche Verín de cinema, música, gastronomía e artes gráficas entre o 29 de agosto e o 7 de setembro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Agosto 2024 16:14

O festival presentou esta mañá a programación completa nunha rolda de prensa na que participaron Samanta Barreira, concelleira de Cultura,Turismo, Festexos e Conservatorio; Marcos Vázquez, director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense; e Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. O festival bota a andar este xoves coa participación de 26 filmes, de más de 10 nacionalidades diferentes, e cunha completa axenda con máis dunha vintena de actividades paralelas concibidas para todos os públicos. A presentación inaugural e benvida a toda veciñanza, terá lugar na Praza García Barbón ás 22:15h.

Ler máis...
 
Humanización da contorna do Centro Social de Vilamaior no Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Agosto 2024 12:04

O Concello de Verín avanza no seu compromiso coa mellora dos espazos públicos e coa calidade de vida da súa cidadanía a través do proxecto de humanización da contorna do Centro Social de Vilamaior. Esta iniciativa incluíu diferentes intervencións que abarcaron a mellora da cuberta do edificio, a instalación de cantería, a creación de novas cimentacións, e a integración dunha estrutura cuberta acorde coa paisaxe local.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV recupera o antigo cineclube de Verín co espazo ‘Nosferatu’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Agosto 2024 12:30

O FIC Vía XIV de Verín proxectará, en colaboración co histórico Cineclub Nosferatu, dous filmes fundamentais para  a hisitoria do cinema universal: Alcanzaron o transbordador (Carl Theodor Dreyer, 1948) e Arrière-saison (Dimitri  Kirsanoff, 1950). Será o sábado, 7 de setembro, ás 18.00h na Casa da Cultura de Verín.

Ler máis...
 
Verín será o punto de saída do Rally da Auga Transibérico Eurocidade Chaves-Verín 2024 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Agosto 2024 12:22

O Concello de Verín anuncia que o punto de partida da edición 2024 do Rally da Auga Transibérico Eurocidade Chaves-Verín será dende a nosa vila. Esta é unha das probas máis destacadas do calendario automobilístico do Campionato de Portugal de Rallys (CPR). 

Ler máis...
 
O Concello de Verín visita as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Agosto 2024 17:17

O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, xunto con varios membros do goberno municipal, visitaron as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil, situadas na primeira planta da vella praza de abastos. Acompañaron ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, entre outras autoridades comarcais e mandos da Garda Civil.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>