Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín personarase como acusación particular no caso “Enredadera” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 12:10

O goberno municipal do Concello de Verín anunciou que se personará como acusación particular “en defensa dos intereses dos veciños de Verín”, dado que a empresa reclama o consistorio más de 1,4 millóns de euros por terlle paralizado a súa actividade nesta vila.  Asimesmo anunciou hoxe que pon a disposición da Fiscalía toda a documentación relativa ó contrato adxudicado por este concello á empresa Bilbomática para a colocación de radares no termo municipal, investigada a nivel nacional na chamada “Operación Enredadera”. 

Ler máis...
 
O Concello de Verín informa da publicación da convocatoria dunha brigada de incendios. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 11:27

O Concello de Verín informa da publicación da convocatoria dunha brigada de incendios. A solicitude poderase realizar ata o 10 de xullo de 2018.

Prazas convocadas:
- 3 Peóns de Brigadas
- 1 Peón condutor
- 1 Xefe de Brigada

As bases co detalle dos requisitos, documentación a aportar e resto de información, pódese descargar no taboleiro de anuncios dentro da sección de sede electrónica, da web do Concello de Verín.  http://verin.sedelectronica.gal/info.0

Ler máis...
 
Abre a Biblio-piscina da Biblioteca Pública Municipal de Verín por décimo ano consecutivo. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 10:31

Onte, 3 de xullo, inaugurouse o servizo de Biblio-piscina de Verín nas piscinas descubertas de A Granxa. Por décimo ano consecutivo, a Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en marcha este proxecto co obxectivo de estender os servizos bibliotecarios aos/as usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e dinamizar a realización de actividades lúdico-culturais fóra do curso escolar.

Ler máis...
 
A Cruz Vermella Monterrei organiza súa I Andaina Solidaria en Verín. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 10:03

O vindeiro 14 de xullo celebrarase a I Andaina Solidaria de Verín organizada pola Cruz Vermella Monterrei en colaboración co Concello de Verín. O percorrido será de 6 kilometros, comezará na Praza da Merced e chegará ata a localidade veciña de Tintores, bordeando o Río Támega.

Ler máis...
 
Novo servizo municipal de recollida de voluminosos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 07:40

Recollidas O Concello de Verín pon en marcha un servizo gratuíto de recollida de trastos voluminosos. Estas recollidas terán lugar cada mércores pola tarde e será necesario que aqueles que queiran disfrutar deste servizo pidan unha cita previa no teléfono 636483344.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 273 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>