Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín forma a “socorristas en instalación acuáticas” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Xullo 2018 13:19

Durante o ano 2017 e 2018, o Concello de Verín organizou dous cursos de “Socorrismo en Instalación Acuáticas” (rematando o último a semana pasada), homologados pola Xunta de Galicia, no que participaron unha veintena de mozos e mozas. O Departamento de Recursos Humanos e Réxime Interior do Concello de Verín, dirixido pola concelleira Rosario Rodríguez, implementou esta titulación oficial co obxectivo de solucionar o problema recurrente de escaseza de socorristas titulados na comarca.

Ler máis...
 
Primeira semana da Ludoteca e do Campamento Urbano “Támega” – 2018 do Concello de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Xullo 2018 12:14

O pasado luns, 25 de xuño, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín puxo en marcha os servizos da Ludoteca e o Campamento Urbano “Támega” – 2018. Como cada ano, esta iniciativa busca cubrir o tempo vacacional dos/as menores para que disfruten de diversas actividades culturais e deportivas entre xogos e amigos. Tanto a Ludoteca como o Campamento, que se distribúen por idades, estarán abertos ata o 7 de setembro.

Ler máis...
 
A AECT Chaves – Verín contribúe en Bruxelas ao futuro Regulamento Europeo que acabará coas barreiras á cooperación aduaneira. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Xuño 2018 10:01

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves - Verín foi convidada pola Comisión Europea a participar esta semana en Bruxelas na segunda reunión anual de expertos Europeos en Cooperación Territorial. Esta cita ten como obxectivo aportar valor á proposta de Regulamento do Parlamento e do Consello Europeos relativa a un mecanismo para superar os obstáculos xurídicos e administrativos no contexto aduaneiro COM/2018/373 final 2018/0198 (COD).

Ler máis...
 
O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Xuño 2018 11:37

Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, o respecto, a diversidade e a liberdade.

Ler máis...
 
Verín presenta a súa oferta de 11 accións formativas para o mes de xullo. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Xuño 2018 10:38

Durante o mes de xullo, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará  un total de once accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e das novas tecnoloxías. Ademais disporá dunha aula aberta para o uso libre dos usuarios da rede Cemit e a resolución de dúbidas informáticas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 274 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>