Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Os alcaldes de Chaves e de Verín reuniránse para ver o partido España – Portugal na sede da Eurocidade. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Xuño 2018 11:07

O vindeiro venres 15 de xuño, ás 20:00 horas (horario local), o presidente da Eurocidade e da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, e o Director da Eurocidade e alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniranse con motivo da celebración do partido do Mundial de Rusia 2018 que se disputarán Portugal e España.

Ler máis...
 
Un total de 68 usuarios participaron nos Obradoiros de Estimulaicón Cognitiva organizados polo Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Xuño 2018 10:25

O pasado 11 de xuño deuse por finalizado o último dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva que organizou o Concello de Verín neste último mes, no cal participaron un total de 68 usuarios. A actividade terá continuidade a partir do mes de setembro.

Ler máis...
 
A verinesa Sara Salgado gañadora do Campionato escolar internacional “superTmatik” de cálculo mental PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 13:35

Sara Salgado Rato (9 anos), alumna de Cuarto Curso de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzou o primeiro posto, entre os 28.000 participantes na súa categoría, nos Campionatos escolares internacionais superTmatik de cálculo mental.

Ler máis...
 
AVISO IMPORTANTE: Corte programado de subministro de auga no Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 10:25

O vindeiro martes, 12 de xuño, a partires das 09:00 horas estará suspendido o subministro de auga nas rúas Avenida de Laza (dende o Nº148 ata o Nº176), Rúa da Touza e Souto Laranxo.  O servizo será reposto ao longo da mañá no menor tempo posible.

Este corte ven ocasionado polas obras, realizadas por EMI-Alvarez na Avenida de Laza, para a instalación da nova tubería xeral de abastecemento e enganches de acometidas. Asimesmo, informamos de que este será o derradeiro corte por  estas obras municipais e de que se colocarán carteis informativos nas vivendas afectadas.

Desculpen as molestias 

Ler máis...
 
Contacontos “Raposadas”, de Raquel Queizás, na Biblioteca de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 10:01

O vindeiro venres 15 de xuño, ás 18 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle o contacontos "Raposadas", con Raquel Queizás.

Trátase dunha colleita de contos populares da nosa terra, dos que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e nenos galegos.



A autora, con estos relatos, pretende axudar a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións. Para esto, creou a figura dunha raposa moi lista e curiosa á que lle gusta achegarse á aldea para ver xogar aos nenos e as nenas, visitar a outros animais e escoitar as historias que se narran nas lareiras.

A actividade vai dirixida a un máximo de 40 socios da biblioteca con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. Para participar é necesario inscribirse no teléfono 988413624 ou no email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
<< Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Final >>

Páxina 278 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>