Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Aumenta a asistencia ás proxeccións e ás actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2019 12:32

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pechou a súa cuarta edición “cun balance positivo” en termos de público e convocatoria, tal e como sinala o seu director, Carlos Montero. Logo de analizar as cifras de asistencia e participación, Montero destaca que se aumentou o número de persoas que acudiu a algunha das proxeccións dentro do concurso oficial, tanto no Auditorio coma na Casa de Cultura. “Fronte a cifra de 1.100 asistentes do ano pasado, neste 2019 o cómputo global indica que foron 1.240 as persoas que visionaron algún dos bloques de curtas”, enfatiza Montero.

Ler máis...
 
A Biblioteca de Verín acolle a presentación das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muíños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2019 11:16

O vindeiro venres 13, ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación simultánea das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muiños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. O ensaio e a poesía estarán representados por devanditos autores nunha presentación sobordante de orixinalidade.

Ler máis...
 
Verín presenta a súa programación de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Decembro 2019 17:52

A axenda de actividades de Nadal está composta por  máis dunha decena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen  concertos, teatro,  obradoiros, mercados e  feiras específicas, actividades para os centros de  maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto  coa tradicional cabalgata de Reis.

Do  programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será  distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as  seguintes actividades:

Ler máis...
 
“Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Decembro 2019 16:52

Durante os días 13, 14 e 15 de decembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Calidade e prestixio cinematográfico foron as pedras angulares da cuarta edición do FIC Vía XIV Verín,que hoxe entregou os seus PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 07 Decembro 2019 00:00

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pecha a súa cuarta edición tras unha semana na que se proxectou unha programación “de grandísima calidade”, tal e coma sinalou o director do certame, Carlos Montero, na gala de clausura celebrada esta noite no Auditorio de Verín.  “Que acertamos coa nosa programación é un feito incontestable”, manifestou Montero e engadiu que “moitas das pezas exhibidas este ano recibiron premios a nivel nacional e internacional”. “Este ano tivemos na programación, ademais, dúas obras nominadas aos Goya 2020 e incluso estivo entre nós un dos directores nominados David Fidalgo”, abundou.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 192 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>