Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O FIC Vía XIV acolle en exclusiva o adianto do documental Entroidar, do compostelán Pablo Ces PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Decembro 2019 10:28

A participación do director compostelán Pablo Ces en anteriores edicións do FIC Vía XIV posibilitou a súa entrada en contacto co Entroido de Laza. A súa autenticidade chamoulle tanto a atención, que decidiu rodar un documental centrándose nas personaxes e lugares que fan posible este Entroido.

Ler máis...
 
Dúas curtas nomeadas aos Premios Goya, a concurso no FIC Vía XIV 2019 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Decembro 2019 13:28

Dúas das curtas nomeadas aos Premios Goya 2020, cuxas candidaturas se desvelaron onte, proxéctanse estes días no Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV. “Isto constitúe unha proba irrefutable da calidade da programación que compón o noso certame” considera Carlos Montero, director do Festival. Unha destas curtas nomeadas aos Goya é Homomaquia, que dá a coñecer un mundo onde os seres humanos son tratados coma estes tratan aos animais, establecendo unha ligazón coa tauromaquia.

Ler máis...
 
Aberto o prazo para inscribirse no Ludonadal 2019-2020 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Decembro 2019 19:00

Xa está aberto o prazo de inscrición de Ludonadal, actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada  e dirixida aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de  facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Ler máis...
 
Un total de 360 rapaces e rapazas participaron na primeira xornada de Cinema Marabillas, a actividade do FIC Vía XIV concibida para os escolares da comarca PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Decembro 2019 18:57

Un total de 360 escolares de Verín e comarca participaron hoxe na primeira xornada de Cinema Marabillas,  a actividade do FIC Vía XIV de Verín deseñada para involucrar aos máis novos no certame. Rapaces dos colexios María Inmaculada e Amaro Refojo de Verín, do CEIP de Medeiros e do CEIP de Vilardevós tomaron hoxe parte na iniciativa, que se desenvolverá tamén mañá e pasado coa participación doutros centros educativos.

Ler máis...
 
Luces, cámara, acción… En marcha a cuarta edición do FIC Vía XIV de Verín! PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 30 Novembro 2019 00:00

A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV deu comezo esta tarde no auditorio municipal da vila. No acto inaugural, a coordinadora do certame e concelleira de Cultura, Emilia Somoza, sinalou que o festival “logo de catro edicións, está xa consolidado na axenda cultural de Verín”. “Din que calquera iniciativa se consolida logo do seu terceiro ano de vida. Polo tanto, con esta cuarta convocatoria do noso certame, que hoxe arrinca, podemos dicir o FIC Vía XIV xa o está”, asegurou.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 194 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>