A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, que arrinca mañá, propón unha semana repleta de actividades relacionadas coa cinematografía para todos os públicos |
|
|
|
Venres, 29 Novembro 2019 17:12 |
A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV), que arrinca mañá ás 20.00 horas no auditorio da localidade, propón unha semana repleta de actividades relacionadas co eido cinematográfico para todos os públicos, adultos e cativos. “A vocación social do certame evidenciase, especialmente, na axenda de actividades paralelas deseñada, con ciclos específicos dedicados á cinematografía de puntos do globo en conflito como pode ser o Sáhara Occidental, pero tamén na temática de moitas das curtas”, destaca o director do certame, Carlos Montero. |
Ler máis...
|
DECLARACIÓN EN APOIO DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VERÍN Á SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE |
|
|
|
Xoves, 28 Novembro 2019 09:58 |
A sanidade pública non só é un dereito fundamental, senón que é un dos piares básicos do noso Estado de Benestar, porque sen saúde non se poden exercer todos os demais privilexios da cidadanía.
Un dos temas que máis alarma social está provocando na veciñanza de Verín e comarca é o gravísimo deteriorio da sanidade pública. Un deterioro que é resultado dos severos recortes e privatizacións. Durante os últimos anos, no noso Hospital Público de Verín fóronse aplicando paulatinamente recortes que levaron a unhas consecuencias tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitucións dos mesmos, lista de espera amplísimas, peche de axendas, saturacións, etc.
Finalmente, para máis afondamento o anuncio por parte da Xerencia do EOXI do peche do paritorio do Hospital de Verín e das urxencias pediatrícas a partir do 1 de decembro do presente que supón privar ao noso Concello e comarca dun servizo fundamental.
Por todo isto, o Goberno Municipal do Concello de Verín MANIFESTA:
1.- A condena á política de recortes nesta materia. Nomeadamente, o peche do paritorio, decisión política que condena ás mulleres do noso Concello a non ter unha calidade asistencial de proximidade.
2.- Esixir á Xunta de Galicia unha mellora nos servizos sanitarios do noso Concello, pedindo a supresión dos recortes efectuados e defendendo novas melloras na nosa área sanitaria.
3.- O apoio á Manifestación en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convocada para o sábado 30 de novembro ás 17:00h en Verín.
Descarga aquí o documento asinado por todos os membros do Goberno Municipal en Verín, a 27 de novembro de 2019.
|
O Grupo de Teatro Sénior de Afundación versiona a Castelao con Os vellos namorados en Verín |
|
|
|
Mércores, 27 Novembro 2019 13:30 |
ABANCA, Afundación e o Concello de Verín asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal o Grupo de Teatro Sénior de Afundación representará Os vellos namorados, unha versión de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, na localidade. Asistiron á sinatura o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. |
Ler máis...
|
A V edición da Feira de Nadal contará con máis de trinta postos |
|
|
|
Martes, 26 Novembro 2019 14:25 |
Os próximos sábado e domingo, 7 e 8 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a V edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán máis de 30 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos doces. Así o confirmou esta maña Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería. |
Ler máis...
|
Cinema marabillas para cativos e cativas no FIC Vía XIV de Verín |
|
|
|
Martes, 26 Novembro 2019 14:23 |
“Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve para achegar a maxia do cinema aos cativos e cativas de Verín e comarca. Como cada ano, escolares de diversos centros educativos da zona achegaranse ata o recinto do auditorio da vila para desfrutar dunha axenda de actividades deseñada especificamente para eles “con agarimo e co obxecto de que poidan gozar dela todos xuntos”, sinala o director do certame, Carlos Montero. |
Ler máis...
|
|
|