Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A actriz Mabel Rivera será homenaxeada no Festival Internacional de Curtas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Outubro 2019 11:54

Premio Cultura A actriz de orixe ferrolá Mabel Rivera toma o relevo de Antonio Durán “Morris” e será homenaxeada na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín. En torno á figura desta destacada actriz articularase –segundo sinala Carlos Montero, o director do certame- “unha actividade na axenda paralela do festival que incluirá unha charla coa actriz e a proxección dunha selección de curtametraxes nas que ten participado ao longo da súa fecunda carreira”.

Ler máis...
 
As Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica de Verín inaugúranse con máis de 130 menores inscritos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Outubro 2019 13:27

Ximnasia Ritmica Hoxe, 3 de outubro, as Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica de Verín comezan a súa tempada 2019-2020 con máis de 130 menores inscritos. Este proxecto, organizado polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín e o Concello de Verín, nace da demanda de moitos pais e nais que reclamaban a posibilidade de que os seus cativos e cativas puideran gozar desta actividade na vila verinesa.

Ler máis...
 
A Xunta exhibirá o Dionisos e Ampelos de Verín no Monte Gaiás PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Outubro 2019 11:54

Ampelos “Galicia, un relato no mundo” é unha macroexposición que albergará  o Museo do Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Ven de obter a autorización do Concello de Verín para trasladar ás súas instalacións o conxunto escultórico de Dionisos e Ampelos que exhibe o Museo do Claustro Mercedario de Verín.  A peza servirá para contextualizar a relación do mundo galaico coa cultura romana nas primeiras etapas da nosa era.

Ler máis...
 
A Biblioteca de Verín inaugura a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Outubro 2019 11:48

Cartografía Galicia O vindeiro 4 de outubro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín inaugura a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país”, na sala de exposicións do Concello de Verín. A realización destra mostra foi posible grazas á colaboración da Fundación Penzol e a Biblioteca de Galicia.

Ler máis...
 
O cinema comercial volta a Verín en outubro coa película “El Rey León” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Outubro 2019 13:33

El Rey León O cinema comercial volta a Verín dende este venres, retomando o seu horario habitual de fin de semana no Salón de Actos da Casa da Cultura. A película elixida para abrir esta nova tempada é “El Rey León”  que se proxectará, durante os días 4, 5 e 6 de outubro, nos seguintes horarios:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 199 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>